Comunicación previa tirada de fogos de artificio ata 10 Kg
- Para presentar unha solicitude de autorización de lanzamento de foguetes inferior a 10 Kg., debe empregar a Instancia Xeral e anexar a documentación requerida.
A quen está dirixido
- Calquera persoa física ou xurídica que desexe presentar unha solicitude de autorización de lanzamento de foguetes inferior a 10 Kg.
Documentación requerida
- Instancia xeral.
A solicitude deberá presentarse cunha antelación mínima de 15 días naturais acompañada da seguinte documentación.
• Informe técnico da empresa pirotécnica contendo: datos da empresa (nome, CIF, teléfono…), quilogramos de explosivos totales para os que se solicita a autorización, mestura.
- • Plano de situación con indicación da zona comprendida en un radio de 500m, a contar desde o punto onde se van realizar os disparos.
- • Identificación do responsable que vai estar realizando o disparo e copia do carné de experto en pirotecnia.
- • Identificación de todos os traballadores(responsable,operarios encargados da montaxe) e alta na seguridade social (TC 2).
- • Licenza municipal de actividade da empresa de pirotecnia.
- • Autorización de idoneidade e posta en marcha de empresa pirotécnica expedida pola Subdelegación do Goberno.
- • Copia da póliza de seguro da empresa de pirotecnia e copia do recibo pagado.
- • Comunicación previa de tirada de fogos de artificio á Consellería de Medio Rural, ou solicitude no caso de fogos de artificio en terreos forestais.
Normativa aplicable
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

