GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

Cacharela San Xoán


Trámite pechado: 01/06/2024 00:00 - 20/06/2024 23:59

 

  • AVISO: Dende esta aplicación poderá comunicar a realización de cacharelas/sardiñadas que se leven a cabo en terreos privados. A data de inicio da presentación será dende as 00:00 horas do día 1 de Xuño de 2024 ata as 23:59 horas do 20 de xuño de 2024.

    Para a celebración das Cacharelas/Sardiñadas en terreos de propiedade privada deberán presentar comunicación previa da actividade a través deste formulario. Aquí pode consultar as normas.

  • CACHARELAS EN ESPAZOS PÚBLICOS
    As persoas, organizacións e comunidades que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada na súa zona de residencia deberán presentar a solicitude correspondente (trámite "Autorización da ocupación da vía pública para celebración de cacharelas") na Sede electrónica do Concello de Santiago (https://sede.santiagodecompostela.gal), sinalando o nome, enderezo, teléfono, copia do D.N.I. dos responsables da organización ou comunidade, e todos os datos que constan no modelo da solicitude, así como as declaracións responsables que correspondan, debidamente asinadas.

    De conformidade co disposto no artigo 10 do Decreto 226/2022, de 22 de decembro, publicado no DOG nº 13, de 19 de xaneiro de 2023, deberá presentarse, ademais da documentación á que fai referencia o modelo de solicitude MO002, o recibo de pago da póliza de seguro de responsabilidade civil que procede contratar segundo o capital mínimo asegurado que recolle o artigo 8 da dita disposición legal.

    A solicitude debe ir acompañada dun plano de situación do espazo público (no privado non se necesita plano) no que se vai a situar a cacharela/sardiñada; así como da situación de todos os elementos, que ademais da cacharela se coloquen no espazo autorizado.

    As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica, ou na Rede SARA, dende o 1 de Xuño ata as 23:59 horas do 20 de xuño de 2024.

 

Este procedemento estará activado dende o 1 de Xuño ata as 23:59 h do 20 de Xuño de 2024.

  • Calquera persoa física ou xurídica.

 

Como facelo

  • Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

    Tramitación electrónica

    Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.             
    tramitar

    Presencialmente

    Prema no botón para descargar o formulario e siga os pasos que se lle indican.
    descargar

Documentación requerida

- Esta comunicación é documentación suficiente para poder leva a cabo a actividade; poren non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas a que houber lugar no caso de que concorrera neglixencia ou imprudencia.
- A fogueira gardará as distancias mínimas marcadas polo Concello, con respecto a vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.
- A fogueira permanecerá vixiada polos solicitantes ata a súa total extinción que deberá ser asegurada empapando os restos totalmente con auga.
- No caso de que se levante vento que poida dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
- O/A solicitante será sempre o responsable dos danos e prexuízos que a fogueira ocasione.

 

O solicitante manifesta coñecer e responsabilizase de cumprir as normas.

 

Consonte o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia o interesado con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.