GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

XULGADO DE PAZ E REXISTRO CIVIL


 

Rúa Otero Novas Nº 1 - 32200 Cortegada (Ourense)
Teléfono: 988 483 001

Horario: Luns a venres de 09:00 a 13:00 horas

Correo electrónico: concello.cortegada@eidolocal.es

 

O xulgado de paz é un órgano xudicial unipersoal, que exerce a súa xurisdición nun municipio onde non existe un xulgado de primeira instancia; está atendido por un xuíz non profesional, que se coñece como xuíz de paz, que exerce funcións xurisdicionais e encárganse de resolver cuestións de menor relevancia, sempre regulados pola Lei do Poder Xudicial.

O xulgado de paz desenvolve competencias no ámbito persoal e debe de constar:

  • xuíz de paz, proposto polo respectivo Concello e nomeado polo Tribunal Superior de Xustiza por un período de 4 anos, exerce funcións xurisdicionais.
  • Un secretario, que tamén será designado polo Concello (en concellos de menos de 5.000 habitantes) e nomeado polo Tribunal Superior de Xustiza, e as funcións realizaranse por un funcionario.

 

Funcións do xulgado de Paz no ámbito civil

No ámbito do Rexistro Civil, o Xulgado de Paz atende calquera cuestión rexistral que lle expoñan os veciños empadroados no respectivo municipio; entre as actuacións referidas ao Rexistro Civil que desenvolve o xulgado de paz destacan as seguintes:
  • Expedición de certificados de nacemento, matrimonio ou defunción, xa sexa en forma de extracto e literais; así como expedición de fe de vida e estado.
  • Tramitación de expedientes de matrimonio e celebración de vodas.
  • Inscrición de matrimonios civís ou relixiosos, celebrados no municipio que alberga o Rexistro Civil.
  • Inscrición de nacementos.
  • Inscrición de defuncións ocorridas no municipio.

 

Ámbito civil

O Xulgado de Paz presta o que se denomina auxilio xudicial, que se encarga, por exemplo, de tomar declaracións a prexudicados ou efectuar ratificacións, por citar algúns.

 

Páxina oficial do Ministerio de Xusticia
Trámites e xestións persoais