GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Hidrantes ou boca de incendios


 

HIDRANTES

Os hidrantes son tomas de auga repartidas polo municipio e utilizada polos bombeiros para abastecer aos vehiculos en caso de necesidade ante un incendio. Son fundamentais para que os Bombeiros poidan realizar labores de extinción con eficacia. Axudanos a conservalos polo beneficio de todos.

 

Por favor respecten a sinalización e non estacionen os vehículos preto deles de maneira que entorpezan o acceso.

 

Se detecta algunha anomalía nalgún, pongase en contacto co Servizo de Atención á Cidadanía, a través do numero de teléfono 988 483 001.

 

O municipio de Cortegada, ten inventariados  37 hidrantes. Dun bo número deles descoñeciamos a súa situación e, por conseguinte, o seu estado, e outros eran de nova instalación. Todo este traballo foi posible grazas á colaboración dos Voluntarios de Protección Civil e o Concello de Cortegada.

 

Distribución por parroquias:

  • Cortegada

    Núcleo de Cortegada: 29
    Polígono Industrial: 2
    Revisión: 2024
  • Louredo

    Lg. Louredo: 4
    Revisión: 2024
  • Meréns

    Lg. Meréns: 1
    Revisión: 2024
  • Rabiño (San Bieito)

    Lg. Seixomil: 1
    Revisión: 2024
  • Refoxos

    Lg. Refoxos: 0
    Revisión: ----
  • Valongo

    Lg. Valongo: 0
    Revisión: ----
  • Zaparín

    Lg. A Torre: 1
    Revisión: 2024