POLÍGONO INDUSTRIAL A CANCELA
A dinamización económica ten sido un obxectivo prioritario para o Concello de Cortegada. Temos optado dunha maneira clara polo aproveitamento e posta en valor dos nosos recursos e das capacidades locais para dotarnos de infraestruturas, servizos e equipamentos públicos de calidade, en definitiva, a nosa capacidade para impulsar un modelo de desenvolvemento propio, e apostar por novas alternativas que incentiven e faciliten todo tipo de actividades no medio rural, compaxinando a tradición, coa modernización, a diversificación e a innovación, con outras apostas de futuro.
O Parque Empresarial de A Cancela foi posto en marcha polo Concello no 1998. Creado para atender inicialmente a demanda das empresas locais, posteriormente incorporáronse outras empresas do resto da comarca e de Galicia. Desde entón o crecemento do Parque Empresarial realizouse en fases sucesivas. Na actualidade ocupa unha superficie duns 200.000 m2 con 23 empresas instaladas que dan emprego directo a máis de 120 persoas, ás que hai que sumarlle o emprego inducido.
A recente ampliación desenvolveu un ámbito de 52.000 m2. Posteriormente as obras de urbanización consistiron na mellora dos accesos, apertura dun novo vial e na instalación e dotación de infraestruturas e redes de abastecemento, saneamento, pluviais, redes eléctricas, iluminación, comunicacións e outras pavimentacións.
Despois do proxecto de reparcelación. Neste momento, restan no Parque Empresarial 33.000 m2 máis de solo industrial, de dispoñibilidade inmediata, aptos para a implantación de novas empresas e iniciativas . Desde o Concello queremos consolidar as bases para que a iniciativa privada teña e vexa en Vilar de Santos un espazo atractivo para investir, pola súa ubicación estratéxica e bos accesos, pola dotación de servizos e infraestruturas publicas de calidade, polo prezo do solo industrial moi competitivo, pola seguridade xurídica, pola competencia, axilidade e solvencia municipal e pola continua busca de alternativas.
Que ofrecemos ás empresas
1- Unha ubicación estratéxica que determina e favorece a actividade da empresa:
- Bos accesos e proximidade a vías de comunicacion de alta capacidade: Ao pé da OU-410 Conexión con Portugal (Rede Principal da Xunta) e a vinte minutos da A-52 e a OU-531 Dirección Celanova.
- Dotacion de servizos e infraestruturas publicas de calidade: Sistema de Saneamento
- Abastecemento Integral con ETAP e EDAR, enerxía- iluminación, sistema de telecomunicacións de alta capacidade FIBRA ÓPTICA.
- Seguridade xurídica: Cortegada ten PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) en vigor aprobado no 2012 e solo industrial co Plan de Sectorización nº 2 aprobado definitivamente polo pleno do Concello de Vilar de Santos o 15 de setembro de 2008, e publicado no DOG nº 187 de 26 de setembro de 2008, así como no BOP nº 227 de 1 de outubro de 2008.
2- Dispoñibilidade inmediata de solo industrial:
- 50.000 m2 de solo urbanizados, aptos para construír
- Un prezo moi competitivo,de 20 euros/ m2 social, responsable e totalmente negociable, realmente a baixo custo e coas mellores condicións para a instalación inmediata da súa empresa.
- Neste momento, restan no Parque Empresarial 37.000 m2 máis de solo industrial, de dispoñibilidade inmediata, aptos para a implantación de novas empresas e iniciativas
3- Un Parque Empresarial de promoción e competencia municipal:
- No que asumimos o noso papel director-promotor
- Un foco de atracción para novas iniciativas empresariais, servizos e negocio
- Desde o concello ofrecemos competencia técnica e axilidade nos trámites de licenza
- Un crecemento planificado e diversificado xa previsto con outra ampliación
- Un proxecto de mellora e inversión continua no Parque Empresarial
- Un marco xeral de colaboración e cooperación institucional asinando todo tipo de protocolos, acordos ou convenios de colaboración coas diferentes administracións públicas para a consecución dos obxectivos e compromisos planteados.
4- Axudas:
- O Concello modificou a Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras – ICIO, establecendo unha bonificación do 80% da cuota do imposto a favor das construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interés ou utilidade municipal por concurrir circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento de emprego que o xustifiquen. Xa en vigor
- Importantes axudas europeas correspondentes ao programa LEADER 2014-2020 dentro da línea de proxectos produtivos que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural.
2. Mellorar o ambiente e o medio rural
3. Calidade de vida nas zonas rurais e diversificación da economía rural