GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Recollida de lixo


Recorde que:
  • Coa colaboración de todas e todos, non deixando os mobles abandonados, melloraremos a calidade das nosas rúas.
  • É importante respectar os horarios de depósito de residuos para garantir a efectividade da recollida a mellor hora para depositar o lixo é partir das 20:00 horas.

Onde vai?: Este buscador web axuda aos cidadáns a resolver as súas dúbidas sobre o correcto depósito dos residuos máis habituais.

 

Conta cunha listaxe de 275 residuos nos que se concreta o contedor de destino ou puntos de achega, á vez que ofrece unha explicación sobre os erros máis comúns. O obxectivo último desta iniciativa é que a poboación conte coa información necesaria para facer unha boa separación do lixo en orixe e contribuír en maior medida á reciclaxe.

 

Acceda mediante os seguintes enlaces, a cada tipo de residuo doméstico, para saber como e onde depositalo, onde chamar para a súa retirada, ou coñecer o servizo municipal encargado.

  • Lixo Doméstico

    Nestes colectores podemos depositar todos os residuos domésticos orgánicos e de rexeitamento.
    ENTRAR
  • Contedor Amarelo

    Envases lixeiros domésticos: latas e envases metálicos, plástico e bricks de leite, zumes, viño, sopas, latas de bebida, conservas de peixe...
    ENTRAR
  • Contedor Azul

    Xornais, semanarios e revistas ilustradas, libros, catálogos, prospectos, correspondencia, cadernos e blocks de notas...
    ENTRAR
  • Contedor Verde

    Recóllense todos os envases de vidro, como son botellas, tarros, frascos, botes... sen ningún tipo de elemento metálico.
    ENTRAR
  • Recollida de enseres

    Utensilios, mobles, instrumentos de medio ou gran volume necesarios ou convintes nunha casa, como lavadoras, neveras, muebles...
    ENTRAR