ARQUIVO MUNICIPAL
Ubicación: Casa do Concello, Rúa Otero Novas Nº 1 - 32200 Cortegada (Ourense)
Teléfono: 988 483 001
Horario: Luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Correo electrónico: concello.cortegada@eidolocal.es
O Arquivo municipal é a oficina que actúa como depósito onde se conservan ordenadamente documentos, escriturase expedientes pertencentes e relacionados co Concello coa finalidade de ser utilizados para a xestión administrativa, a información, a cultura e a investigación e para conservar a memoria histórica do noso municipio. Tódolos cidadáns e cidadás teñen dereito de acceso ó Arquivo municipal, mediante a solicitude da oportuna consulta.
-
Fondos do arquivo
- Cadro de clasificación de fondos do arquivo DESCARGAR
-
Acesso
- Acceso e consulta de documentos do Archivo Municipal acceder
Servizos
- Información oral e escrita.
- Préstamo ás oficinas do Concello.
- Consulta en sala, con capacidade para 6 persoas.
- Asesoramento sobre a historia e a evolución do Concello.
Procedemento de acceso
O acceso ós documentos que se conservan no arquivo é un servicio gratuíto e libre, sen embargo existen documentos de consulta reservada para os titulares e os cidadáns que acrediten un interese lexítimo e directo. No Regulamento do Arquivo Municipal especifícase qué documentos están clasificados de acceso libre ou de acceso restrinxido.
Para acceder ós documentos é necesario presentar unha solicitude no Rexistro Xeral onde se expoñerá o motivo da consulta e se describirá o documento ou a información que se precisa.
Os documentos atópanse clasificados en catro grandes seccións: goberno, Administración, Servicios e Facenda. entre as series documentais que se conservan podemos destacar polo seu volume e polo seu interese para a cidadanía as seguintes:
Actas de Pleno desde 1843-1970
Expedientes de obras desde 1843-2000
Padróns e censos de habitantes desde 1843-1991
Expedientes de apertura de industrias desde 1843-2000
Expedientes de eleccións desde 1843-1995
Expedientes de quintas desde 1843-1986
Orzamentos municipais desde 1843-1985
Rexistro Civil 1841-1870