ALUMEADO MUNICIPAL
Comunicación de averias: 988 48 30 01 de 9:00 a 14:00 horas
Servizo Municipal de Electromecánicos
Enderezo: Casa Consistorial. Planta Baixa. Rúa Otero Novas s/n. 32200. Cortegada. Ourense
- Teléfono: 988 483 001
- e-mail: concello.cortegada@eidolocal.es
- Empresa de Mantemento: INSTALACIONES CORTEGADA DE BAÑOS S. L.
- Enderezo: Rúa Doctor José Castro 6 - . 32200. Cortegada - Ourense
- Teléfono: 629 314 435
- e-mail: instalacionescortegada@hotmail.es
-
Punto de Luz
- Solicitude de Instalación ou Substitución de Puntos de Luz.
TRAMITAR
Este servizo ten como finalidade fundamental, asegurar o funcionamento das instalacións de alumeado público en todo o Concello de Cortegada. As principais funcións que realiza son:
Coordinación e control de instalacións novas de alumeado público, que nuns casos son proxectadas por promoción particular e noutros, polo propio concello ou servizo.
Xestión dos traballos propios de mantemento que son realizados pola empresa adxudicataria do mantemento das instalacións de alumeado público.
Estes labores consisten en inspeccionar diariamente, noite e día, as instalacións por se existe algún funcionamento anómalo. Coa información recollida e os avisos dos veciños, Asociacións Veciñais, etc... prográmanse e realízanse as reparacións e substitucións dos compoñentes defectuosos das instalacións.
O servizo máis directo que se presta ao cidadán é a recepción, tramitación e resolución dos avisos e solicitudes que se reciben a diario, xa que as instalacións de alumeado deben estar en continua evolución para adaptarse ao desenvolvemento urbanístico da cidade e require modificacións dos puntos existentes e instalación de novos puntos de luz, motivadas por novas construcións, reformas de viais, melloras técnicas etc...
O alumeado público consta de 932 puntos de luz e 9 centros de mando. (Datos xullo 2009)
O Servizo de Electromecánicos tense marcado como obxectivo reducir a factura e o consumo da enerxía eléctrica nas instalacións de alumeado público mediante unha combinación de actuacións coma son a adecuación da tarifa contratada con respecto á potencia instalada, a redución do consumo mediante a instalación de lámpadas de maior rendemento lumínico pero de menor consumo e a corrección da enerxía reactiva, para evitar pagar un sobrerecargo. Ademais se están instalando cadros de mando telecontrolados para facilitar a xestión e ter un maior control sobre as instalacións.
Conscientes da posibilidade de redución do consumo e da produción dun aforro económico maior, realízase periodicamente unha posta a punto do acendido e apagado do alumeado público, adecuando este ás horas de sol (amencer e ocaso), actuando na reprogramación dos reloxos solares astronómicos ou mecánicos.