SERVICIOS SOCIAIS
-
Atención ao Público
- Martes e xóves de 9:30 a 14:00 horas
- Cita previa: 988 483 001
- Traballadora Social: Lorena
-
Mancomunidade
- Servizos Sociais Mancomunidade
- Contacto 988 484 726
-
CIM
- Centro de información a muller
- Contacto 988 477 153
- Estudo e diagnóstico social da comunidade, que implica a detección e análise de necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de intervención.
- A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas no diagnóstico social.
- A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de risco para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social.
- A atención das situacións individuais, a información en relación ás demandas presentadas, o diagnóstico e valoración técnica previa e a consecuente intervención no caso, que incluirá, cando sexa conveniente, a derivación cara ao recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou a outros sistemas de benestar ou a asistencia nos trámites necesarios para acceder a outros recursos.
- A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.
- A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte de aplicación.
- A información, orientación e asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais.
- fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada.
QUE SON OS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS
Os servizos sociais son o sistema de protección social máis próximo á cidadanía
Teñen un carácter local, aberto e polivalente e constitúen a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais garantizando a universalidade do sistema e a súa proximidade ás persoas nos ámbitos familiar e social.
Desenvólvense desde os centros de servizos sociais por medio de equipos interdisciplinares coas dotacións mínimas de referencia establecidas según o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. (DOG nº 63 do 30/03/2012).
FUNCIÓNS:
EQUIPO INTERDISCIPLINAR DOS SERVIZOS SOCIAIS DE CORTEGADA:
1 traballadoras social.
1 educadora social
1 psicóloga
PROGRAMAS BÁSICOS DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS
-Programa de orientación, asesoramento e información.
A través deste programa o persoal técnico de servizos sociais proporcionan información, orientación, asesoramento e acompañamento ás persoas, ás familias e aos grupos sociais.
Realizase a valoración e diagnóstico social das demandas da cidadanía; a intervención social, biopsicosiocial ou socio-educativa idónea así como as derivación a outros programas básicos, específicos ou especializados
– Servizo de axuda no fogar (SAF)
Este servizo ofrece un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.
Poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención.
- Servizo de Educación e Apoio Familiar
Diríxese a aquelas unidades de convivencia que se atopen en situación de maior vulnerabilidade, nas que exista presenza de menores en risco de desatención ou nas que se identifiquen outros factores que revelen unha situación de risco de exclusión social.
O programa poderá incluír, ademais, actividades de carácter aberto, enfocadas en xeral a toda a comunidade ou a sectores profesionais ou corporativos vinculados directa ou indirectamente coa mellora da calidade da actuación parental e a vida familiar:
- Programa básico de inserción social
A través deste programa valoranse as situacións de risco ou exclusión social, derivandoas aos recursos idóneos, aplicando os proxecto de intervención social personalizados e asignado prestacións socioeconómicas dirixidas a satisfacer as necesidades básicas da poboación e procurar a incorporación sociolaboral.
- Programa de fomento da cooperación social
Este programa ten como finalidade facilitar a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulsar o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.