GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Punto de información catastral P.I.C.


 

Oficina de información catastral

Casa do Concello
Rúa Otero novas 1, planta baixa
32200 - Cortegada
Horario de atención ao público: 9:00 a 13:00 horas de luns a venres
Información: 988 483 001

 

O Concello de Cortegada, dende o ano 2010, ten autorizado o establecemento do Punto de Información Catastral (PIC), coa finalidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral ós titulares que non dispoñen dos medios técnicos apropiados, ofrecendo ó cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual de Catastro sen máis que a solicitude do servizo.

 

PIC do Concello de San Cortegada ten un papel intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, ó que poderá subministrar tódala súa información actualizada existente na base de datos nacional, mediante a xeración de documentos no que conste a data de expedición máis un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade, e gozarán de plena validez e eficacia.

 

Dende calquera PIC o titular catastral, por si ou mediante representación, e con só a presentación do seu DNI, pode acceder ós seguintes servizos, de xeito totalmente gratuíto:

 

  • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
  • Calquera outros servizos de consulta e certificación que se implanten no futuro, nos termos da Resolución que se dite ao efecto.

 

 

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

O presente documento debe acompañarse de:

  •    • Fotocopia do D.N.I. do autorizante e a súa validez limítase á devandita solicitude.
  •    • autorizado debe acreditar a súa identidade.