GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Campamento de verán 2025


 

 

Aberto o prazo de inscrición para o Campamento Concilia Verán organizado polo Concello de Cortegada.

O Concello informa que xa está aberto o prazo para solicitar unha das 30 prazas dispoñibles no programa Concilia Verán, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante os meses de verán.

 

Este programa está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2009 e 2021, ambos inclusive, e ofrecerá un amplo abano de actividades lúdicas, educativas e de lecer, adaptadas ás diferentes idades, co obxectivo de fomentar a socialización, a creatividade e os hábitos saudables nun entorno seguro e supervisado por persoal cualificado.

Prazo de inscrición:
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o día 17 de xuño ás 14:00 horas. Recoméndase non agardar ao último día para evitar posibles incidencias.

 

Presentación de solicitudes:
As solicitudes deberán formalizarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica municipal, para maior comodidade das familias.

 

Para máis información sobre as bases, requisitos ou documentación necesaria, pódese consultar a páxina web do Concello ou dirixirse directamente ás oficinas municipais.

 

Descarga de información


 

Cronograma das actividades:

 

Planificación correspondente a unha quincena do campamento, cunha distribución detallada das actividades propostas. Esta programación ten como obxectivo desenvolver os contidos previstos e acadar osobxectivos marcados. A planificación poderá ser adaptada en función dasnecesidades e características dos participantes, así como segundo os recursosdispoñibles en cada localización.

 

As actividades propostas enfocanse en fomentar o interese pola cultura xeral, odeporte ea creatividade, traballando paralelamente os valores como o respecto polomedio ambiente, a igualdade, a tolerancia, a diversidade, a empatía e o traballo enequipo, todo dentro dun marco de ocio saudable e compartido.Un aspecto clave para o bo funcionamento do campamento será a organización dostempos de entrada e recollida.

 

Por iso, destinarase aproximadamente unha hora aocomezo e ao final de cada xornada para desenvolver actividades de acollida esocialización: xogos de memoria, xogos de mesa, xogos encadeados, baile, xogolibre, etc. Estes espazos favorecerán o coñecemento mutuo, a expresión emocional ea integración dos participantes, respectando os tempos de espera e facilitando aconciliación das familias. A programación incluirá actividades como:

 

 

    - Manualidades e actividades creativas

    - Obradoiros de expresión corporal

    - Búsquedas do tesouro e gymkanas

    - Talleres de chapas e tatuaxes

    - Globoflexia e pinta caras

    - Actividades con inchables

    - Xogos cooperativos e dinámicas de grupo

    - Sesións de cine educativo

 

As actividades programadas levarase a cabo no Polideportivo Municipal Marta Míguez e as inmediacions domesmo como a pista multideporte do CEIP Otero Novas.

E moito máis

O cronograma anterior mostra o reparto de horas e actividades correspondente a duas semanas de campamento. Neste caso para a proposta de actividades teranse en conta as condicions meteoroloxicas, propondo unha alternativa as actividade que se teñen que realizar ao aire libre.

 

Este reparto de horario pode ser modificado debido a necesidade de adaptar algunha actividade a cinrcunstancias concretas. As actividades como as manualidades ou os xogos, variarán semanalmente seguindo temáticas educativas que favorezan a aprendizaxe en valores, medio ambiente, saúde, cultura, etc.

 

As temáticas a seguir serán:

 

 

    - Semana 1: Música e danza

    - Semana 2: Vida saudable

    - Semana 3: Ciencia en Cortegada

    - Semana 4: Entroido quente

    - Semana 5: Equipo de investigación

    - Semana 6: Cortegada fashion week

    - Semana 7: Coidamos a natureza

    - Semana 8: Escola de maxia

    - Semana 9: Hi Cortegada!

    - Semana 10: Viaxe polo tempo

    - Semana 11: Cortegada FEST