Roteiro por terras de Cortegada
27 de outubro de 2024
Entrega de dorsais ás 8:30, saída ás 9:00 horas.
O punto de partida estará situado no Campo da Feira (Centro de saúde). Chégase dende Ourense pola A-52 ata Ribadavia logo dirección Francelos. Collemos a segunda entrada a Cortegada ata chegar ao centro da vila. Unha vez alí dirixímonos por rúa Alférez Rivera Viso ata chegar ao Campo da Feira.
- UBICACIÓN do punto de encontro e saída en Google Maps.
Percorrido
Vaise realizar sobre dous tramos circulares de 22,380 e 13,850 quilómetros.
TRAMO A
Balneario - A Barca - Vao - A Eirexa - Seixomil - Refoxos- Muradelle - Pontetrado - Vilanova da Barca e Cortegada. Distancia: 22,380 qms.
TRAMO B
Balneario - A Barca - Vao - A Eirexa - Seixomil e Cortegada. Distancia: 13,850 qms.
Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización. O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
O perfil da proba pode considerarse de dificultade Media.
3 Avituallamentos líquidos e sólidos.
Dorsais
Recollida de dorsais de 8:00 a 8:45 horas, solo para as inscricións online e deberán presentar mail de confirmación de inscrición.
Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na saída o mesmo día ás 8:45 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ao tope de 350 participantes.
Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.
Responsabilidades
A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
Premios
Tódolos participantes terán dereito a un agasallo conmemorativo.Haberá sorteos entre tódolos participantes.
Inscrición, 10 euros por participante.
Prazo de inscrición dende o 1 ao 24 de outubro, ata un máximo de 350 participantes. O prezo da inscrición dará dereito a un agasallo conmemorativo, avituallamento, comida e bebida.
Pode realizarse das seguintes maneiras, PRESENCIAL EN:
Ribadavia: Tenda GLOTÓN (988 470 014).
Ourense: Deportes INTERSPORT BOUSO (988 226 592)
Ourense: Deportes INTERSPORT BOUSO (988 222 692)
Ourense: Deportes MONCHO (988 250 274).
Nas oficinas municipais:
De luns a venres no horario de 9:30 a 13:30 horas, poderá facer o pago nas mesmas oficinas, ou ben nas contas habilitadas:
ES38 0030 6073 2308 7000 0271 - Banco de Santander.
ES86 2080 5294 7331 1000 5079 - Abanca.
No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita. Una vez feito o ingreso, poderá pasar a recoller o dorsal achegando o xustificante de pago.
De forma ONLINE:
1º Realizar o ingreso de 10 €, no concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
ES38 0030 6073 2308 7000 0271 - Banco de Santander
ES86 2080 5294 7331 1000 5079 - Abanca
2º Logo deberá cubrir o formulario e axuntar a copia da transferencia. O dorsal será entregado na saída o día da andaina.
* GRUPOS: Pódese o facer o ingreso polo total dos participantes, logo no formulario hai que cubrir os campos cos nomes dos participantes.