GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

O Zamaruco 2025 - Entroido


 

A tradición

O Zamaruco é unha figura emblemática do Entroido, unha das festividades máis antigas e arraigadas da nosa terra. A súa orixe pérdese no tempo, vinculado ás celebracións pagás que marcaban o final do inverno e a chegada da primavera.

Vestido con farrapos, peles e unha máscara impoñente, o Zamaruco representa o espírito irreverente do entroido, un personaxe traveso que percorre as rúas provocando risas, sustos e desorde festivo. Dise que antigamente, a súa presenza anunciaba o desenfreo dos días previos á Coresma, cando o pobo entregábase á música, o baile e a sátira.

 

Hoxe en día, o Zamaruco mantén viva esta tradición, combinando o ancestral co moderno. Cada ano, os participantes mergúllanse na maxia desta celebración, gozando de desfiles, comparsas e eventos que fan honra ás nosas raíces.

 

👉 Vive a historia, se parte do Entroido. Iscríbete e participa!

 

Está todo listo para que poidas incribirte no Concurso do Desfile do Zamaruco. Se tes o teu disfrace ou argallastes unha comparsa, non agardes máis. Grandes premios están en xogo! Bótalle unha ollada ás bases e descarga e inscríbete.